Galería

Colabora e racha coa opacidade da política de caza da Xunta de Galicia! Máis de 90 campionatos de caza sen participación pública e plans sen avaliación de impacto ambiental. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Coñece o calendario de campionatos e competicións de caza para tempada 2021/2022 e axuda a parar a barbarie ambiental, en tanto que a Xunta non garanta a participación pública e a avaliación ambiental na toma de decisións que afectan ao medio ambiente.

Máis de 90 competicións de caza sen garantir o dereito da participación pública da cidadanía na toma de decisións relativas ao medio ambiente e sen avaliación de impacto ambiental, para aquelas que poden afectar azonas da Rede Natura.

Por iso solicitamos tanto á Secretaría Xeral para o Deporte como á Dirección Xeral de Patrimonio Natural máis transparencia, máis publicidade e que garantan a participación do público na toma de decisións en materia de caza, pola súa afección e repercusións sobre o medio ambiente. Tamén lles solicitamos a correspondente avaliación de impactos ou repercusións ambientais con respecto a aquelas competicións e plans que poidan afectar aos espazos protexidos da Rede Natura 2000.

Só tes que descargar os formularios ou borradores das solicitudes, cubrir cos teus datos o encabezado de cada unha delas, asinar a última folla e presentalas en calquer oficina de Rexistro da Xunta de Galicia, concello ou calquera outra administración.

Velaquí os dous modelos ou borradores de solicitudes. A primeira delas dirixida á Secretaría Xeral para o Deporte e a segunda á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Deja un comentario