Galería

Di NON aos Campionatos de raposos que comezan en xaneiro de 2023 en Galicia. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Cómpre valorar os grandes servizos ecosistémicos que prestan os raposos

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude para pedir a prohibición dos campionatos de raposos e a suspensión dos campeonttos da especie no vindeiro ano 2023. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do  ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo.

Moitas femias están preñadas cando se celebran os campeonatos. A época de celo comeza en decembro.

A Sociedade Galega de Historia Natural, en contra da caza do raposo: “É un contrasentido”

«Eses campionatos perpetúan a idea de que os raposos son unhas alimañas ás que controlar», denuncia Serafín González.

A Sociedade Galega de Historia Natural, en contra da caza do raposo: “É un contrasentido”

Medra a oposición social á matanza de raposos
Galería

Pide ao Ministerio a declaración do paspallás como especie en perigo de extinción e a súa inclusión no Catálogo Español de Especies Ameazadas. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Paspallás (Coturnix coturnix)

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude para a declaración do paspallás como especie en perigo de extinción e a súa inclusión no Catálogo Español de Especies Ameazadas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 31 de maio de 2022.

Galería

Queres pasear ou traballar no monte pero tes medo aos tiros dos cazadores? Queres axudar a protexer á fauna salvaxe? Solicita a exclusión cinexética das parcelas forestais e dos Tecor. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude de exclusión cinexética das parcelas forestais e dos Tecor. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Prazo aberto.

Podes consultar un exemplo da resposta ao escrito de exclusión cinexética no seguinte enlace:

Galería

Axúdanos a pedir transparencia na política de caza da Xunta e acceso á información cinexética. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solictude de acceso á información en materia de caza en Galicia. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 30 de maio de 2022.

Que se pide?

1.-  A participación pública na elaboración dos plans de ordenación cinexética nas zonas libres de caza, dado que están a elaborarse, segundo se comentou no Comité galego de caza. Con esta finalidade prégase que procedan á apertura dun periodo de participación pública para o envío de suxerencias e o fomento da participación pública na súa elaboración e así garantir os distintos intereses afectados, tal e como recolle o artigo 1 da Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galicia. Ademais como ben di a exposición de motivos da lei, a caza constitue un dereito orixinario que corresponde a todos os administrados.

2.- No caso de estaren xa elaborados, acceso aos plans de ordenación cinexética das zonas libres de caza, e acceso aos plans anuais de aproveitamento cinexético das zonas libres de caza.

3.- Aclaren a esta parte se a Dirección Xeral de Patrimonio Natural cumpriu a súa obriga de xestión das zonas libres de caza e se prevé comezar a nova tempada de caza (1 de agosto), con ou sen plans de xestión para estas zonas libres.

4.- Acceso a esta parte, na forma que lles resulte máis fácil, aos plans de ordenación cinexética e aos plans anuais de aproveitamento cinexético aprobados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Os plans de ordenación cinexética tiveron que aprobarse en marzo deste ano. Confirme este extremo e faciliten o acceso aos mesmos.

5.- Reitérase a solicitude de prohibición dos campionatos de raposos, xa que logo a súa finalidade contradí o artigo 1 da Lei de caza de Galicia. Téñase en conta que o rexeitamento social aos campionatos de raposos e á caza do raposo en xeral increméntase cada ano en Galicia e é fácilmente constatable. Non ten sentido que se apoie a caza dunha especie que goza de gran aprecio por parte da cidadanía polas excelentes funcións ecosistémicas que desempeña.

6.- Remita a esta parte ou poña a disposición desta parte un exemplar do Manual dos plans de ordenación cinexética (POC) que teñen a disposición pública para a elaboración destes por parte dos Tecores e ao que fixeron referencia na reunión do Comité galego de caza do día 4 de abril.

7.- Acceso aos informes técnicos e estudos que mencionou a Presidenta do Comité galego de Caza durante a reunión do día 4 de abril de 2022 (reunión do Comité galego de caza) e que se consideran importantes para esta parte e en xeral para as entidades naturalistas e ecoloxistas de Galicia, para entender a planificación e os datos da tempada de caza para o ano 2022/2023 realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

8.- Procedan á revisión dos plans de aproveitamento cinexético tendo en conta que nos termos municipais de Guitiriz, Vilalba, Xermade e Aranda é posible a presencia da cría de abetouro ou boi, especie en perigo de extinción. O mesmo se pide en relación coa posible presencia de arcea nidificante no Monte Neme, entre os municipios de Carballo e Malpica de Bergantiños, e todo elo coa finalidade de recuperar e conservar estas especies. Indiquen as medidas a adoptar nestes casos.

A Sociedade Galega de Historia Natural, en contra da caza do raposo: “É un contrasentido”

«Eses campionatos perpetúan a idea de que os raposos son unhas alimañas ás que controlar», denuncia Serafín González.

https://nostelevision.gal/a-sociedade-galega-de-historia-natural-alza-a-voz-en-contra-da-caza-do-raposo-e-un-contrasentido/

Medra a oposición social á matanza de raposos
Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa! Prazo ata o 31 de maio de 2022.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2022/2023, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente os seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

Pedimos á Xunta que persiga a caza furtiva do lobo en Galicia. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas de Galicia piden que se persiga o furtivismo e as matanzas de lobos en Galicia e solicitan información ao respecto.

O 24/01/2021 no Monte Penedo da Estrada aparecía morto un lobo a tiros por un cazador tras confundilo con un raposo, durante unha batida de xabarín. Isto dou lugar a unhas dilixencias previas (18/2021) no Xulgado da Estrada que remataron arquivándose, ao non poder probarse a actuación dolosa do cazador, pese á evidente actuación neglixente do cazador “experimentado”.

O 28/03/2021 nos Montes de Requeixo – Chandrexa de Queixa apareceu morto outro lobo por un lazo, que dou lugar a unhas dilixencias previas no Xulgado da Pobra de Trives (58/2021), que remataron arquivándose pola falla de identificación do autor furtivo.

O furtivismo voltou a campar as súas anchas na Serra do Barbanza a finais do ano 2021, está vez de forma máis grave, por afectar a máis exemplares de lobo.

O furtivismo tamén campea en parques naturais de Galicia como o parque natural das Fragas do Eume.

Que está a facer a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para frear a caza furtiva e as neglixencias dos cazadores que en vez de matar raposos, por suposta confusión, rematan matando lobos?

Hai un rexistro dos exemplares de lobos vítimas do furtivismo? Hai implementadas medidas para evitar que isto se produza? Estase a realizar un seguimiento máis intensivo da especie e das conductas dos cazadores ao respecto? Por que estes datos non aparecen no apartado de Infolobo da web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda? Cantos expedientes sancionadores ten incoado pola caza furtiva do lobo?

Por iso pedimos limitar as actividades cinexéticas e intensificar o seu control na Serra do Barbanza, nos montes da Estrada, en Pobra de Trives e as Fragas do Eume. Neste último, mentras non exista un Plan Reitor que ampare a protección da especie e os seus hábitats, é preciso limitar a caza e intensificar a vixiancia e o control.

Descarga o modelo de solicitude para pedir a loita contra o furtivismo e participa! Axuda a crear conciencia da problemática da caza furtiva do lobo en Galicia!

Galería

Piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas de Galicia piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei.

Como ben di a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia no seu artigo 78, a composición dos comités de caza incluirá no seu ámbito unha representación ampla das entidades relacionadas co mundo da caza, da conservación da natureza e das administracións públicas.

Sen embargo, esta ampla representación non existe para as entidades relacionadas coa conservación da natureza, a quen a normativa só lles permite ter unha persoa representante. Non así as entidades relacionadas co mundo do caza. Así a Federación Galega de Caza conta con 5 representantes e o mundo da caza en xeral conta con 6, ao incluir  unha representación de sociedades ou asociacións de cazadores. A Xunta de Galicia conta a súa vez con 11 persoas representantes, incluidas a presidencia e secretaría do Comité. A desproporción por tanto é evidente, vulnerándose a normativa de caza que indica que a representación ampla tamén lle correponde ás entidades da conservación da natureza.

Por outra banda, non se entende como por parte da Xunta de Galicia no canto de designarse unha representación das consellerías competentes en materia de agricultura, turismo e deportes, tal e como indica o Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia,  se designen tres.

Accede á composición do Comité galego de Caza e á normativa que o regula:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/estrutura-organica-e-funcional/organos-colexiados-adscritos?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/organos-colexiados/transparencia_0078.html&langId=gl_ES

Pide a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Galería

O día 22 de Xaneiro ás 17 horas temos todas unha cita no Obelisco A Coruña para reivindicar un NON Á #CAZA DO #RAPOSO. Organiza #FREEFOX. Nuestros Amigos los Zorros.

O día 22 de Xaneiro ás 17 horas temos todas unha cita no Obelisco A Coruña para reivindicar un NON Á #CAZA DO #RAPOSO. Organiza #FREEFOX. Nuestros Amigos los Zorros.

A fin da ousadía do lobby escopeteiro en Galicia. Cidadanía activa fronte a ousadía dos predadores.

Galería

Axuda a protexer os raposos na vindeira resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Pide á Xunta de Galicia censos dá especie e a prohibición de campionatos. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Axuda a protexer aos raposos na Resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación. Descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir os datos do encabezado, asinar na última folla e presentar o escrito no rexistro de calquer Administración. Podes modificar o modelo. Participa!

Prazo ata o 31 de maio de 2021.

Pídese á Dirección Xeral de Protección Natural dá Xunta de Galicia:

1.- Censos actualizados do raposo en Galicia e estudos científicos que garantan a súa viabilidade como especie cinexética de cara á resolución anual de caza para a tempada 2021/2022, arestora en tramitación.

2.-  A prohibición dos campionatos de raposos en Galicia que claramente vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia. Segundo esta lei, non seu artigo 1. Obxecto e finalidade, indica: “Esta lei ten por obxecto regular ou exercicio dá caza na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente vos seus recursos cinexéticos de xeito compatible co equilibrio natural e cos distintos intereses afectados”.

Galería

Ecoloxistas critican a Orde da Consellería de Medio Ambiente que establece axudas aos Tecores para a semente de cereal para a perdiz rubia e a construción de tobeiras para os coellos

No DOG  Núm. 21, do 2 de febreiro de 2021 publicábase a Orde do 14 de xaneiro de 2021 pola que se establece o importe de douscentos mil euros (200.000 €)  en axudas destinadas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados para o fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos.

Para as ecoloxistas estas medidas só  favorecen a concentración de moitos animais en puntos concretos que logo son aproveitados para levar a cabo modalidades de caza “masivas”,  que están moi lonxe de mellorar os hábitats das especies e a conservación e viabilidade destas.

A Conselleira Ánxeles Vázquez Mejuto atribúe a regresión das poboacións de perdiz rubia ao descenso da actividade agrícola no medio rural e a do coello ao azoute da enfermidade hemorráxica vírica e da mixomatose, no canto de falar dunha agricultura cada vez máis intensiva e baseada nos monocultivos intensivos, sobre todo monocultivos forestais de eucaliptos, onde os animais carecen de refuxio e en moitos momentos do ano sen alimento, que deixa sen hábitats ás especies.

A agricultura intensiva, cada vez máis mecanizada, altera substancialmente os hábitats das especies

A intensificación da agricultura mudou de xeito radical os hábitats que outrora se compoñían de pequenas ou medianas parcelas, onde se producían cultivos diversos,  intercaladas de  bosquetes e  linderos onde a perdiz rubia e o coello, especies obxento das axudas convocadas, atopaban refuxio e alimento. No momento actual moitos desas contornas convertéronse en solares de  monocultivos intensivos sen refuxio e en moitos momentos do ano sen alimento.

Estes monocultivos en boa parte forestais, sobre todo de eucaliptos, obriga ás especies para desprazarse en busca de refuxio e alimento co risco que iso supón, entre outros factores, de ser  depredadas.

Os praguicidas e pesticidas teñen un impacto severo sobre as especies e os seus hábitats

Doutra banda, hai algúns anos, os agricultores utilizaban nas súas parcelas aqueles cultivos que mellor se adaptaban á contorna, moitas veces procedentes de sementes autóctonas, resistentes a pragas, secas e enfermidades e de elección non condicionada tan directamente como no momento actual por axudas ou mercados internacionais. Na actualidade a Política Agraria Común manda sobre o resto e iso fai que se sementen tan só aqueles cereais subvencionales por esta e non outros, máis beneficiosos para as especies e os seus hábitats.

A necesidade de competir en canto ao volume de produción obriga ao uso masivo e moitas veces abusivo de abonos inorgánicos de aspecto similar aos grans consumidos polas especies, cando non se utilizan sementes blindadas (recubertas de substancias químicas que favorecen a súa  germinación) de demostrada toxicidade para aves e mamíferos que as consomen.

O  coctel complétase co emprego sistemático de potentes herbicidas e praguicidas que minguan aínda máis a biodiversidade dos  monocultivos, reducen o alimento dispoñible e, sobre todo, poden ser prexudiciais para a fauna, quizais non con efectos directos que causen unha mortalidade inmediata pero se con outros a medio e longo prazo que repercuten nunha menor capacidade reprodutiva, reducindo o número de ovos por posta e a viabilidade dos mesmos, de efecto directo na demostrada regresión das poboacións.

Tamén é necesario indicar que o clima está a cambiar cada vez máis rápido, sucédense ondas de calor e secas prolongadas que fan que as  tórtolas e sobre todo os paspallás concéntrense en zonas máis frescas, de maior altitude, abandonando antes as zonas de  nidificación tradicional, o que fai que tamén a súa eficacia reprodutiva véxase comprometida.

A solución está no emprego de prácticas agrícolas e forestais máis respectuosas coa contorna, que reduzan o emprego de substancias químicas e favorezan a diversificación de cultivos o fomento do bosque autóctono, e non en subvencionar o cultivo de cereal en espazos concretos, a instalación de tobeiras, o emprego de cebadeiros…etc, que só provocan as capturas masivas das especies por parte dos cazadores coa conseguinte posta en perigo das especies e dos seus hábitats.

Por outra banda, a ausencia de censos das especies e de estudos científicos que permitan coñecer cales poden ser consideradas como cinexéticas, para incluirlas na resolución anual de caza, supón un risco permanente extremo para a súa viabilidade e o equilibrio dos ecosistemas.

Galería

Colabora e racha coa opacidade da política de caza da Xunta de Galicia! Máis de 90 campionatos de caza sen participación pública e plans sen avaliación de impacto ambiental. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Coñece o calendario de campionatos e competicións de caza para tempada 2021/2022 e axuda a parar a barbarie ambiental, en tanto que a Xunta non garanta a participación pública e a avaliación ambiental na toma de decisións que afectan ao medio ambiente.

Máis de 90 competicións de caza sen garantir o dereito da participación pública da cidadanía na toma de decisións relativas ao medio ambiente e sen avaliación de impacto ambiental, para aquelas que poden afectar azonas da Rede Natura.

Por iso solicitamos tanto á Secretaría Xeral para o Deporte como á Dirección Xeral de Patrimonio Natural máis transparencia, máis publicidade e que garantan a participación do público na toma de decisións en materia de caza, pola súa afección e repercusións sobre o medio ambiente. Tamén lles solicitamos a correspondente avaliación de impactos ou repercusións ambientais con respecto a aquelas competicións e plans que poidan afectar aos espazos protexidos da Rede Natura 2000.

Só tes que descargar os formularios ou borradores das solicitudes, cubrir cos teus datos o encabezado de cada unha delas, asinar a última folla e presentalas en calquer oficina de Rexistro da Xunta de Galicia, concello ou calquera outra administración.

Velaquí os dous modelos ou borradores de solicitudes. A primeira delas dirixida á Secretaría Xeral para o Deporte e a segunda á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Galería

Coñece o río Lourido e o seu val fluvial…., un val único, singular, cheo de sorpresas e o máis descoñecido da comarca bergantiñá

O río Lourido e o seu val fluvial é a quinta obra editada e publicada pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, e é a segunda obra adicada á temática fluvial, despois de publicar no ano 2019, O río das nosas vidas: o Anllóns.

Esta edición, ao igual que as anteriores publicacións, por un lado ten un carácter eminentemente didáctico e por outro, pretende achegar a realidade física máis próxima ás persoas lectoras, neste caso a realidade física do val fluvial do río Lourido, un val case que descoñecido situado entre os municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza).

O río Lourido e o seu val fluvial é sen dúbida unha caixa de sorpresas: patrimonio natural, patrimonio cultural, paisaxe, a relevancia dos ecosistemas fluviais, a importancia dos ríos das nosas vidas…. Un traballo que podes descargar no seguinte enlace:

O RÍO LOURIDO E O SEU VAL FLUVIAL

Galería

Na defensa do monte galego, o vindeiro 20 de febreiro en Bruselas, na Comisión de peticións do Parlamento europeo

A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo estará o vindeiro mércores 20 de febreiro, na Comisión de peticións do Parlamento europeo, para tratar sobre dos lumes que ano tras ano, verán ou inverno, arrasan Galicia.

O presidente da entidade será o encargado de explicar as causas da mala xestión dos lumes en Galicia, os fallos estruturais que hai detrás da mala xestión do monte galego, a expansión incontrolada do eucalipto e os motivos polos que as plantas de biomasa non son a solución para frear o cambio climático en Galicia.

Diseño sin título (1)

 

Galería

A «manifesta ilegalidade» dos campionatos de caza, «matanzas masivas e coordinadas» de raposos, en todo o territorio galego. A Xunta de Galicia, «cooperadora necesaria», un ano máis, do animalicidio cruel e salvaxe que tingue de sangue os montes galegos

Catro campionatos provinciais, un campionato galego, unha copa de España e unha copa provincial para exterminar os raposos galegos. Así entende a Xunta de Galicia o obxecto da caza, que establece a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, como a finalidade de protexer, conservar, fomentar e aproveitar ordenadamente os recursos cinexéticos de modo compatible co equilibrio natural e os distintos intereses afectados.

Onde están os informes técnicos que sustentan a protección, conservación e o aproveitamento ordenado dos recursos cinexéticos destes campionatos de caza, que casualmente coinciden no mesmo día ou en datas moi próximas.

A Xunta de Galicia terá que dar explicacións, e xa tarda.

  • Provincia da Coruña: 12 de xaneiro.
  • Provincia de Pontevedra: 12 de xaneiro.
  • Provincia de Ourense: 12 de xaneiro.
  • Provincia de Lugo: 12 de xaneiro.
  • Campionato galego: 20 de xaneiro.
  • XII Copa España de Raposo: 2 de febreiro.
  • Copa provincial de Lugo: 9 de febreiro.

zorro.jpg
O animal máis maltratado do monte galego

 

Recoméndase a lectura de:

O importante papel dos raposos nos ecosistemas

https://corcoestoblog.wordpress.com/2018/01/15/o-importante-papel-dos-raposos-nos-ecosistemas/?fbclid=IwAR19jfkx_zRoPXWyJZBDyrxTqswws5zDxczctLgxZJrhQlgzs6KOQUdSIrA

 

Galería

A importancia dos raposos nos ecosistemas galegos

Temos falado moitas veces da importancia dos raposos para os ecosistemas galegos. Se ben somos conscientes de que o problema é máis grave do que parece.

Desde o ano 2011 preto de 75.000 raposos foron masacrados nos montes galegos.

Galicia convertiuse nun campo de batalla para os raposos, que están sendo perseguidos polos cazadores co beneplácito e autorización da Xunta de Galicia.

Dc6_JAPXcAAI94E

Non hai ningún estudo publicado sobre a cantidade de raposos existentes en Galicia, polo que os campionatos de caza de raposos convírtense en concursos sen límite onde o oxectivo é matar cantos máis exemplares mellor.

O papel do raposo respecto ao medio natural é moi importante, podemos dicir que é unha peza crave no mantemento dos ecosistemas, desempeñando unhas funcións ademais moi beneficiosas para nós as persoas.

A primeira función de importancia que realiza gratuitamente é a da eliminación e procesado de cadáveres de animais e dos seus restos, limpando así o campo e previndo enfermidades e pandemias.Nos seus desprazamentos diarios recolle moitos animais atropelados das cunetas das estradas, dalgúns aliméntase e outros son enterrados para aliviar máis adiante os momentos de fame. Así pois o raposo como outros animais carroñeros, voitres, corvos, picarazas, libra ao monte de animais enfermos ou mortos, axudando a frear a propagación de enfermidades como a mixomatosis do coello.

A segunda función útil para nós é a do control de pragas agrícolas. Unha poboación sa de raposos mantén baixo control aos roedores como aos ratos, ratas, topillos e aos topos, actuando sobre os eventuais incrementos no seu número, suavizando este incremento e evitando males maiores para as colleitas. Por iso o agricultor debería ver ao raposo como un aliado, aínda que a contra cultura popular fixo que isto non sexa así na maioría dos casos.

A terceira función importante para as persoas e para o medio natural, que realiza este animal e tal vez a menos coñecida é a da diseminación de sementes. Ou sexa que o raposo traballa como un viverista, tratando as sementes e plantándoas polo campo ao longo de quilómetros nas súas roldas diarias.

Este pequeno cánido, é unha animal clave para a restauración natural dos ecosistemas xa que a súa dieta está composta parcialmente de froitos e bagas de plantas, árbores e arbustos que son dixeridos, separando así as súas sementes da pulpa e pel para máis adiante ser excretados lonxe da poboación vexetal orixinal onde as sementes poden germinar colonizando así outras zonas e mellorando a diversidade vexetal deses lugares.

Non se pode facer política para un rural vivo, se non protexemos á fauna clave dos ecosistemas e garante da biodiversidade como son os raposos.

Non aos campionatos de caza de raposos de Galicia!

raposic3b1o