Galería

Piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Entidades ecoloxistas de Galicia piden a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade que esixe a lei.

Como ben di a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia no seu artigo 78, a composición dos comités de caza incluirá no seu ámbito unha representación ampla das entidades relacionadas co mundo da caza, da conservación da natureza e das administracións públicas.

Sen embargo, esta ampla representación non existe para as entidades relacionadas coa conservación da natureza, a quen a normativa só lles permite ter unha persoa representante. Non así as entidades relacionadas co mundo do caza. Así a Federación Galega de Caza conta con 5 representantes e o mundo da caza en xeral conta con 6, ao incluir  unha representación de sociedades ou asociacións de cazadores. A Xunta de Galicia conta a súa vez con 11 persoas representantes, incluidas a presidencia e secretaría do Comité. A desproporción por tanto é evidente, vulnerándose a normativa de caza que indica que a representación ampla tamén lle correponde ás entidades da conservación da natureza.

Por outra banda, non se entende como por parte da Xunta de Galicia no canto de designarse unha representación das consellerías competentes en materia de agricultura, turismo e deportes, tal e como indica o Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia,  se designen tres.

Accede á composición do Comité galego de Caza e á normativa que o regula:

https://transparencia.xunta.gal/tema/transparencia-institucional/estrutura-organica-e-funcional/organos-colexiados-adscritos?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/organos-colexiados/transparencia_0078.html&langId=gl_ES

Pide a reforma urxente do Comité galego de Caza por incumprir a representatividade. Descarga o modelo de solicitude e participa!

Deja un comentario