Galería

Alega ao proxecto da central hidroeléctrica de bombeo Meirama. Descarga o modelo de alegación e participa!

Imaxe do proxecto da central hidroeléctrica de bombeo Meirama

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da central hidroeléctrica de bombeo Meirama. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións:

Podes consultar o documento de inicio no seguinte enlace:

https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navServicioContenido

Imaxe do proxecto da central de bombeo ou reversible Meirama
Galería

Coñece o proxecto eólico Hépotas II no municipio de Muras. Descarga o modelo de alegación e participa!

Localización do aeroxerador Hépotas II-2

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución do parque eólico Hépotas II en Muras. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do  ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 19 de xaneiro de 2023.

Anexo para acompañar co escrito de alegación:

Carreiro e corredor ecolóxico previsto no proxecto como vial a acondicionar
Galería

Fóra eólicos! Fóra EDP Renovables!

📌Adxúntase o video antieólico de Corcoesto – Cereo – Valenza -Rececinde – Santa Comba – Caión realizado este sábado pasado.

🌱Pica nos enlaces e descarga os modelos de alegacións aos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns. Fin do prazo para alegar: 25 de outubro.

👉 Axúdanos! Participa! ✍️

💚 #StopEólicos #StopEspeculación #stopfeísmopaisaxístico #FóraEDPRenovables

Galería

Coñece o parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña), que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece o cadro -resumo das características e impactos do documento de inicio do parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña) e que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico Bustelo e Baralláns nos municipios de Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: as persoas interesadas poden presentar alegacións en calquer momento.

Visita o mapa eólico:

https://mapaseolicos.wordpress.com/

Galería

Coñece o parque eólico Mistral de 100,8 MW e a súa infraestrutura de evacuación en Lugo e o parque eólico Nordés de 67,2  MW e a súa infraestrutura de evacuación na Coruña e Lugo. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do parque eólico Mistral de 100,8  MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo e do parque eólico  Nordés de 67,2  MW e a súa infraestrutura de evacuación nas provincias da Coruña e Lugo. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións aos proxectos eólicos Mistral e Nordés. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 6 de outubro de 2021.

Podes consultar o anuncio no BOP da Coruña e os proxectos nos seguintes enlaces:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006413.pdf

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/e81d4c6dab4be13c17155e6d29cd48c725b90dcc

Galería

Coñece o macro proxecto eólico Rebordechao nos municipios de Laza, Vilar de Barrio, Maceda, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, Nogueira de Ramuín, Cualedro, Monterrei, Verín e Castrelo do Val (Ourense). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da macro estación eólica Rebordechao e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Rebordechao. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de setembro de 2021.

Podes consultar o proxecto e o anuncio no BOP de Ourense nos seguintes enlaces:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=183&fecha=20210811

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/9e98d1fce69dfa2b61d7c0a574af59cd406e1fa2

Bidueiral de Montederramo, afectado polo macro proxecto eólico de Rebordechao

Xa está dispoñible o modelo de alegación elaborado por Salvemos O Támega. Adega -Monterrei ao parque eólico Rebordechao. Descarga o modelo de alegación e participa!

Galería

Coñece o macro parque eólico Badulaque que afecta a Cedeira, O Porto de Espasante, Valdoviño, Monte Faro, Ortigueira, As Felgosas, San Felipe, San Sadurniño, San Ramón, O Canto do Muro, Taraza, Santa Margarida, Neda. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais da estación eólica Badulaque e as súas infraestruturas asociadas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da estación eólica Badulaque, un dos 6 a desarrollar por Enel Green Power España, S.L. nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de agosto de 2021.

Podes consultar o anuncio no Boe e o proxecto nos seguintes enlaces:

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2021-32560

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/055ef694f3e1ce00cac811ccf2eb0374e18c3889

Cantís de Vixía -Herbeira afectados polo proxecto eólico Badulaque
Afección severa ás IBAs
Galería

Coñece o proxecto eólico Coto dos Lobos no monte de San Nomedio, nos municipios das Neves e Salvaterra do Miño (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto do parque eólico Coto dos Lobos nos municipios das Neves e Salvaterra do Miño (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do parque eólico Coto dos Lobos. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 12 de agosto de 2021.

Máis información sobre o proxecto e o seu documento de inicio no seguinte enlace web:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_proxectos/dinamico/listado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica/&clase=Xestion/Proxecto_aap/Tipo_proxecto/Proxectos_anexo_I/&button=Ver+todos

Capela de San Nomedio afectada polo proxecto
Galería

Coñece a estación eólica Patiñeiro, no municipio de Vimianzo (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da estación eólica Patiñeiro en Vimianzo (A Coruña). Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións á estación eólica Patiñeiro no municipio de Vimianzo (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Data límite para a presentación de alegacións: 16 de xullo de 2021.

Galería

Coñece o proxecto da LAT 132kV desde a subestación Órrea ata a subestación Mesada en Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), que cruza os Sobreirais do Arnego. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto proxecto da LAT a 132kV dende a subestación Orrea ata a subestación Mesada en Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), que cruza os Sobreirais do Arnego. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do proxecto proxecto da LAT a 132kV dende a subestación Orrea ata a subestación Mesada en Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), que cruza os Sobreirais do Arnego. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 4 de xuño de 2021.

Recorrido da LAT Órrea ata Mesada nos municipios de Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra)
Galería

Axuda a protexer a escribenta das canaveiras, da manchea de parques eólicos. Pide á Xunta o cumprimento do seu Plan de Recuperación e a determinación do perímetro de protección dos seus hábitats. Descarga o modelo de solicitude e participa!

En relación á escribenta das canaveiras e os proxectos eólicos que poidan ter algunha incidencia sobre a especie, indicar que a Xunta de Galicia, tras darse a sí mesma un prazo de 6 anos para facelo (desde o 2013), non chegou a determinar os perímetros de protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial desta especie en perigo de extinción.

A cuestión non é baladí porque hai unha manchea de parques eólicos que afectan a esta especie con charcas e humidais cuxo perímetro están sen determinar e a saber cal é a área comprendida no ámbito do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta, da que unicamente aparece nunha representación gráfica e fica por tanto o seu perímetro de zonificación ás expensas das avaliacións que realicen as mercantís promotoras eólicas.

Por iso pedimos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e á Vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia a adopción da medida cautelar urxente consistente na paralización temporal da tramitación das avaliacións ambientais de todos aqueles proxectos eólicos que poidan incidir na zonificación da escribenta das canaveiras, tendo en conta a gravidade da situación da especie ao abeiro do documento denominado NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao, acompañado sempre do documento pdf que se achega, no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Axuda a protección da especie!

Galería

Coñece o proxecto eólico Pena Ombra en Guitiriz (Lugo) e Curtis e Sobrado dos Monxes (A Coruña), na Serra dá Cova dá Serpe. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Pena Ombra en Guitiriz (Lugo) e Curtis e Sobrado dos Monxes (A Coruña), na Serra dá Cova dá Serpe. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Pena Ombra. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Podes consultar no enlace seguinte o documento «Hábitats de turbera en la Red Natura 2000» de Pablo Ramil-Rego – Manuel A. Rodríguez Guitián (Eds.). «Propuesta de Ampliación de la Red Natura 2000 en Galicia».

Presencia de humidais e hábitats prioritarios na Serra dá Cova dá Serpe
Imaxes do proxecto eólico Pena Ombra
Imaxes do proxecto eólico Pena Ombra. Afección ao patrimonio cultural
Galería

Coñece o proxecto eólico A Ruña III, no municipio de Mazaricos e que afecta ao humidal Lagoa de Beba. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico A Ruña III no municipio de Mazaricos (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico A Ruña III. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Imaxes do proxecto eólico A Ruña III

Turbeiras, brañas, porcas preñas, mantas vellas… Coñecedes as nosas turbeiras?

Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de  turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e  acumuladores de carbono.

A estrutura pechada e esponxosa das  turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos  erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca  hidrográfica.

Posteriormente, toda a auga retida pola  turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura  esponxosa dos  esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as  turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este sexa de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da  turbeira.

Temos a obriga de protexelas!!!

Galería

Coñece o documento de inicio do proxecto eólico Rosa dos Ventos nos municipios da Estrada, Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo -Cotobade (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Rosa dos Ventos nos municipios da Estrada, Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo -Cotobade (Pontevedra), segundo os datos recollidos no seu documento de inicio. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación ao documento de inicio do proxecto eólico Rosa dos Ventos. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo. 

O caos eólico da Xunta leva a Wind Premier Rosa Dos Ventos, S.L., antes Greenalia Wind Power Rosa Dos Ventos SL, a presentar un proxecto de 3 aeroxeradores pero planifica a execución de 8.

Esta incoherencia grave sucede co proxecto eólico Rosa dos Ventos, precisamente na fase de consulta pública. A empresa debe aclarar os motivos polos que inicialmente fala dá instalación de 3 aeroxeradores pero logo describe a implantación de 8, no relativo á afección dos recursos hídricos. Estas incoherencias na fase de consulta pública xera unha importante inseguridade xurídica e non é máis que a mostra do caos e da falla de planificación eólica da Xunta de Galicia e a falla de seriedade e responsabilidade das empresas para coa cidadanía.

Imaxe do documento de inicio do pe Rosa dos Ventos
Galería

Coñece o proxecto eólico Monte dá Croa en Dumbría e Vimianzo (A Coruña), un máis nun territorio pragado de infraestruturas eólicas. Descarga o modelo de alegación e participa!

Afección severa aos valos tradicionais de pedra en seco recoñecidos pola UNESCO. Localización do aeroxerador 04

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Monte dá Croa, nos municipios de Dumbría e Vimianzo. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monte dá Croa. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Afección moi severa á hidroloxía da área de afección do parque
Presencia doutros parques eólicos na zona de afección do proxecto eólico Monte dá Croa
Brezais secos nas inmediacións do aeroxerador 4
Detalle dun plano do proxecto eólico Monte dá Croa