Galería

Fóra eólicos! Fóra EDP Renovables!

📌Adxúntase o video antieólico de Corcoesto – Cereo – Valenza -Rececinde – Santa Comba – Caión realizado este sábado pasado.

🌱Pica nos enlaces e descarga os modelos de alegacións aos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo -Baralláns. Fin do prazo para alegar: 25 de outubro.

👉 Axúdanos! Participa! ✍️

💚 #StopEólicos #StopEspeculación #stopfeísmopaisaxístico #FóraEDPRenovables

Galería

Coñece o proxecto do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Linaria polygalifolia

Coñece as características do proxecto do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamen podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 24 de outubro de 2022.

Modelo de alegacións curtas:

Modelo de alegacións longas:

Infografía do proxecto de EDP Renovables
Distancias aos núcleos. Imaxe do proxecto eólico Alto do Torreiro
Galería

Coñece o parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña), que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece o cadro -resumo das características e impactos do documento de inicio do parque eólico Bustelo e Baralláns en Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña) e que afecta á AEIP Val fluvial do Lourido.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico Bustelo e Baralláns nos municipios de Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: as persoas interesadas poden presentar alegacións en calquer momento.

Visita o mapa eólico:

https://mapaseolicos.wordpress.com/

Galería

Como pode ser un caso típico de fragmentación artificial de parques eólicos? Coñece o proxecto eólico Alto do Torreiro que afecta a Corcoesto e Coristanco (A Coruña). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto eólico Alto do Torreiro, en Corcoesto e Coristanco (A Coruña) e a súa relación co proxecto eólico Bustelo -Baralláns, co que comparte infraestruturas. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto eólico Alto do Torreiro, ao que podes acompañar o documento pdf anterior. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública. Tamén podes modificar o modelo.

Prazo para presentar alegacións ou suxerencias: ata o 19 de abril de 2021.

Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Alto do Torreiro dá mercantil EDP Renovables, S.L.U.
Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Alto do Torreiro dá mercantil EDP Renovables, S.L.U.
Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Alto do Torreiro dá mercantil EDP Renovables, S.L.U.
Imaxe cortesía do compañeiro Bruno Centelles
Galería

Veciñanza de Corcoesto e Coristanco pide a EDP Renovables S.L.U. a retirada inmediata dos proxectos eólicos Alto do Torreiro e Bustelo –Baralláns e acusan ao Conselleiro Francisco Conde de amparar a tramitación fraudulenta destes parques ecólicos

Ambos proxectos, que non deixan de ser un “corta e pega” un do outro, son na realidade un único proxecto industrial que a empresa presenta fragmentado, co visto e prace do Conselleiro de Industria Francisco Conde, para eludir a tramitación ministerial ao exceder dos 50 MW de potencia instalada no seu conxunto. Polo demais, ambos proxectos comparten a misma liña de evacuación para o conxunto dos aeroxeneradores ata a Set Bustelo –Baralláns, que tamén comparten.

Ao anterior hai que engadir que a Subestación colectora elevadora de tensión “Bustelo e  Baralláns”, 30/220  kV, é obxecto dun proxecto independente ao igual que a  Liña Aérea de evacuación 220  kV (SET “Bustelo e  Baralláns”30/220  kV – SET Meirama 220 kV), que tamén será obxecto doutro proxecto aparte.

O proxecto eólico Bustelo e Baralláns prevé unha potencia instalada de 36 MW.

O proxecto eólico Alto do Torreiro, que comparte infraestruturas co anterior prevé unha potencia instalada de 26,625 MW.

Sumadas as potencias anteriores excede de 50 MW, polo que a tramitación do proxecto eólico sería competencia do Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno de Madrid.

Segundo establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico, no seu Artigo 3. Competencias da Administración Xeral do Estado, corresponden á Administración Xeral do Estado, nos termos establecidos na presente lei, asseguintes competencias (…) 13. Autorizar as seguintes instalacións eléctricas: a) Instalacións peninsulares de produción de enerxía eléctrica, incluíndo as súas infraestruturas de evacuación, de potencia eléctrica instalada superior a 50 MW eléctricos, instalacións de transporte primario peninsular e acometidas de tensión igual ou superior a 380 kV. Debido a que o parque eólico Alto do Torreiro e Bustelo – Baralláns supera os 50 MW  debera realizar a súa tramitación ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Estamos ante un posible caso de tramitación fraudulenta dunha única instalación industrial co fin de eludir á tramitación ministerial e facilitar a avaliación ambiental dos impactos sinérxicos, acumulados, sumativos e globais da totalidade das infraestruturas. E todo elo en detrimento do dereito fundamental da cidadanía afectada a participar na toma de decisións que afectan ao medio ambiente ao abeiro do Convenio de Aarhus.

A participación do público na toma de decisións en materia do medio ambiente, e en particular, na avaliación ambiental dos proxectos industriais está recollida no Convenio de Aarhus, no artigo 45 da Constitución española e na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

Por outra banda, o proxecto afecta de cheo á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do Lourido, e por enriba, a empresa ainda establece un vial de cruzamento do río para unir as liñas de enerxía entre todos os aeroxeneradores, cando se se tratara de proxectos independentes non faría falla tal cruzamento.

Os proxectos afectan a unha importante área forestal de vital importancia para a economía da zona, onde ten gran peso o sector primario e os usos forestais e clasificado como chan rústico de especial protección forestal e paisaxística.

O Artigo 34.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia indica que cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico de especial protección, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria, PREVALECENDO O QUE OUTORGUE UNHA MAIOR PROTECCIÓN (que por suposto non é o eólico).

Por último, os aeroxeneradores de preto de 200 metros de altura localizaríanse a distancias incompatibles coa vida normal das familias que habitan os núcleos próximos: Bello, 800 metros. Teixedo, 900 metros. A Pedra, 900 metros. Regoseco, 500 metros. Paradoa, 600 metros, A Avieira, 800 metros, A Penela, 600 metros. Baneira, 700 metros. As Lamas, 500 metros. A Braña, 600 metros. O Castro, 700 metros.

O caso máis paradigmático é o núcleo de Baralláns, que se ben presenta unha afección severa, tanto polo proxecto eólico Bustelo –Baralláns como por parte do proxecto eólico Alto do Torreiro,  á promotora decide directamente ignorar a súa existencia, o que demostra unha vez máis a ousadía e arrogancia dos “predadores”.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a asociación veciñal Río Lourido de Valenza, a asociación ambiental Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea e a asociación «O Ouriol» do Anlóns manifestan o rexeitamento absoluto a este macroproxecto industrial de EDG Renovables, S.L.U. en terras de Corcoesto e Coristanco.

Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Alto do Torreiro de EDP Renovables, S.L.U.
Imaxe cortesía de Bruno Centelles

Galería

Entidades bergantiñás esixen á Consellería de Economía, Empresa e Innovación que retire o proxecto eólico Bustelo e Baralláns pola súa incompatibilidade coas Directrices da Paisaxe de Galicia

O Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia, publicado hoxe no DOG, blinda os valores paisaxísticos da Área de especial interés paisaxístico do val fluvial do Lourido (AEIP val fluvial do Lourido) e resulta incompatible co proxecto eólico que promove a mercantil EDP Renovables nos municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña).

O proxecto eólico prevé a instalación de 6 aeroxeneradores con unha potencia total instalada de 36 MW.  Os eólicos afectan á Costa de Monelo, Paradela, Monte do Covelo, Monte Longo, Agra de Bustelo, Picho de Fontes e Alto de Torreiro. Non obstante, as máquinas quedan a menos de 600 metros dos núcleos de Lestón, Bustelo, A Mata e Gulúa, afectando directamente ás familias que viven nestes núcleos xa que a altura da buxe acada os 122,5 metros.

Un dos aeroxeneradores do proxecto (o chamado BAR-01) limita coa AEIP Val fluvial do Lourido ao igual que o centro de seccionamento (SET) do parque e as gabias de cabreado afectan na fonte Cardeira, lugar de nacemento do río Lourido.  Por outra banda, o aeroxenerador chamado BAR -02 incide directamente sobre o rego Batán, o curso de auga máis importante do val fluvial e principal afluente do río Lourido e do río Anllóns.

Así o anterior Decreto en consoancia co Convenio europeo da Paisaxe, a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia e o Catálogo das paisaxes de Galicia aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo determinan a protección dos  valores estéticos ou panorámicos protexidos mediante o mantemento das condicións perceptivas vinculadas aos fondos escénicos, á amplitude de vistas e á matriz compositiva propia da paisaxe autóctona.

Así as Directrices da Paisaxe indican que nas AEIP procuraranse unhas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) en que se preserven os diversos elementos que as conforman e en que se manteña a relación harmónica entre os valores naturais, culturais, patrimoniais, estéticos ou panorámicos que lle deron orixe.

Así o sinalan a asociación ambiental Petón do Lobo, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a asociación galega Cova Crea e a asociación O Ouriol do Anllóns, que instan á protección dos valores paisaxísticos e naturais do Val fluvial do Lourido, do rego Batán, afluente do Lourido e que aporta valor engadido ao val fluvial, polo que debe ser valorado conxuntamente con este. Do mesmo a Xunta de Galicia tampouco debe ignorar a fragmentación do territorio e a perda de biodiversidade que este proxecto implica,  xunto co parque eólico de Sivarredonda, localizado no monte Perrol e a autovía AG-55.

Fragmentación fraudulenta de proxectos eólicos

O proxecto eólico Bustelo e Baralláns representa a continuidade do proxecto eólico Agrelo –Muriño que a mesma empresa, EDP Renovables, promove tamén con outros seis arexoneradores e a mesma potencia no Alto do Covelo, Pena da Santa, monte de Cabana, Castelo de Muriño e Castelo Pequeno.

De feito a liña de evacuación é compartida por ambos parques e realizarase a través dunha liña aérea que conectará a infraestrutura ata a subestación de Meirama, e que será obxecto doutro proxecto independente, polo que se substraen os seus impactos da avaliación ambiental global, conxunta e sumativa que debera abarcar á totalidade das infraestruturas para unha mellor integración ambiental e paisaxística.

Galería

Coñece o río Lourido e o seu val fluvial…., un val único, singular, cheo de sorpresas e o máis descoñecido da comarca bergantiñá

O río Lourido e o seu val fluvial é a quinta obra editada e publicada pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, e é a segunda obra adicada á temática fluvial, despois de publicar no ano 2019, O río das nosas vidas: o Anllóns.

Esta edición, ao igual que as anteriores publicacións, por un lado ten un carácter eminentemente didáctico e por outro, pretende achegar a realidade física máis próxima ás persoas lectoras, neste caso a realidade física do val fluvial do río Lourido, un val case que descoñecido situado entre os municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza).

O río Lourido e o seu val fluvial é sen dúbida unha caixa de sorpresas: patrimonio natural, patrimonio cultural, paisaxe, a relevancia dos ecosistemas fluviais, a importancia dos ríos das nosas vidas…. Un traballo que podes descargar no seguinte enlace:

O RÍO LOURIDO E O SEU VAL FLUVIAL

Galería

O río das nosas vidas: o Anllóns, a derradeira publicación da asociación ambiental Petón do Lobo

Xa está na rúa o libro «O río das nosas vidas: o Anllóns», publicado e editado pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo.

«O río das nosas vidas: o Anllóns» é o cuarto libro que publica esta asociación e o quinto que produce como editora.

Fálase e publícase bastante sobre o río Anllóns, mais bótase de menos unha publicación que trate a fondo aqueles aspectos que cada vez nos preocupan máis, como é o caso dos problemas que afectan con máis intensidade aos ecosistemas fluviais e aos bosques de ribeira. Vivimos de espaldas aos ríos e o Anllóns e os seus numerosos afluentes non son unha excepción. A saúde dos ecosistemas fluviais, e en particular a saúde do río Anllóns, pende dun fío.

O 14 de marzo de cada ano, Día Internacional dos Ríos, desde a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo lembramos os problemas que padece o Anllóns, mais con esta publicación preténdese ir un pouco máis lexos e deixar constancia das graves problemáticas que lle están a afectar.

Con unha intencionalidade claramente didáctica, queremos lembrar os problemas que están a afectar seriamente á saúde do Anllóns. As Administracións falan do desarrollo de proxectos vencellados ao desarrollo turístico do río, pero esquecen os impactos ambientais dos mesmos.

Hai multitude de problemas que afectan ao río Anllóns: a seca derivada do cambio climático, as centrais hidroeléctricas que ocupan o seu cauce, os vertidos de puríns, o abuso de pesticidas, de herbicidas, abonos, sulfatos, novas captacións de auga, fallos no saneamento das augas residuais, plástico, lixo, o chumbo dos proxectís de campos de tiro, o arsénico da antiga minaría…etc.

Vamos camiño de finiquitar a vida do noso río. As cidadás e os cidadáns temos que asumir un papel activo e coidar do noso río. Esixir tamén as Administracións responsables que cumpran cos seus deberes e coiden os ecosistemas fluviais. Decía o sociólogo Salvador Giner que «a primeira misión dos cidadáns é educar aos seus gobernantes»«o cidadán democrático está sinalando aos seus representantes de forma constante onde está situado o umbral do tolerable» ou «o verdadeiramente revolucionario da democracia é que todos somos políticos».

Por iso non podemos seguir sendo cómplices da súa morte e vamos a asumir un papel activo na súa defensa. Temos que sentir a súa alma, tratalo como tratan en Nova Zelandia aos seus ríos, isto é como persoas xurídicas, como seres titulares de dereitos. Só así podemos garantir a súa supervivencia e a súa funcionalidade.

O libro que ten unha finalidade sobre todo didáctica mergúllase na historia do río, nos valores culturais e na xeografía, ademais de dar boa cadra dos seus problemas ambientais.

Tamén queremos crear remorsos naquelas persoas físicas, xurídicas e administracións públicas que consciente ou inconscientemente danan o noso río, e facémolo e voltaremos a facelo, e incluso os sinalamos directamente, porque a partires de agora, quen dane ao Anllóns, vai a quedar constancia escrita do dano e da súa responsabilidade.

Sen dúbida non deixará indiferente a ningúen…., para ben e/ou para mal.

7
O río das nosas vidas: o Anllóns

 

 

 

 

Galería

Cando o río Anllóns movía a economía das comunidades ribeiregas

Arestora vivimos de espaldas aos ríos. Sen embargo, isto non foi así noutros tempos. A xente vivía de cara os ríos, que era dos que obtiña o sustento de cada día. Así no río Anllóns existían ao longo do seu discorrer muíños fariñeiros, batáns, pesqueiras, as  famosas lampreeiras, mexilóns de río, salmóns, fábricas de madeira, telleiras…etc. Multitude de actividades económicas todas elas que xiraban en torno á vida nos ríos.

IMG_20190223_155205.jpg
Piñeiral á beira do río Anllóns, Langueirón, Ponteceso

muiños da Vitureira
Restos dos antigos muíños da Vitureira, municipio de Ponteceso. A data máis antiga da súa existencia é o ano 1767.

Vamos a lembrar algunhas desas actividades e acontecementos que xiraban en torno ao río.

Aproveitamentos no río Anllóns

O 24 de marzo de 1933 publicábase na Gaceta de Madrid nº 83, o expediente incoado por Manuel Vázquez Guntín, para unificar os aproveitamentos que posuía sobre o río Anllóns, no municipio de Ponteceso (A Coruña).

Os aproveitamentos aos que se refería era a explotación hidroeléctrica dun salto de auga e a dun muíño fariñeiro na parroquia de Anllóns.

IMG_20190223_162131.jpg
Río Anllóns ao paso pola parroquia que leva o seu nome

O volumen máximo que podía derivar do río era de 3.000 litros por segundo, con destino á producción de forza motriz para usos industriais e o establecemento dun muíño fariñeiro, non puidendo distraer das augas en todo o seu recorrido ata a súa incorporación ao río, para ningún outro servizo, non alterar a súa composición e pureza e reservándose a Administración o dereito de obrigar en calquer momento ao concesionario á instalación dun módulo que limitara o caudal derivado ao concedido.

O concesionario tería que coidar durante todo o tempo, que as obras construídas tiveran a suficiente impermeabilidade para que non houbese filtracións, escapes nin perda de auga.

ponte na Saimia.jpg
Ponte na Saímia sobre o río Anllóns

As tarifas máximas aplicables que podería percibir o concesionaro eran: para alumeado:  0,10 pesetas por hectovatio nas contratas a contador, e 2,3, 3,5, 5, 7, 8 e 11 pesetas por cada lámpada de 5,8, 10,16, 25, 32 e 50 buxías, respectivamente, nas contratas a consumo libre durante toda a noite.

IMG_20190223_162148.jpg
Salto eléctrico na parroquia de Anllóns

Para a forza motriz: 0,6 pesetas por hectovatio nos contratos a contador e nos que se establecera o consumo libre 4,50 pesetas por cabalo –ano ou 300 pesetas pola mesma unidade, exceptuados os meses de agosto e setembro.

IMG_20190223_162414.jpg
Central hidroeléctrica na parroquia de Anllóns

No referido á moenda percibiría unha vintecatroava parte do gran moído.

Como era habitual naquela época, a Administración reservávase o dereito de tomar da concesión os volumes que fosen precisos para a conservación das estradas na forma  que estimara máis convinte, pero sen prexudicar as obras da concesión nin a explotación do aproveitamento.

A concesión outorgábase por un prazo de setenta e cinco anos, a partir da data na que se autorizaba a súa explotación total ou parcial. Pasado este prazo a concesión revertía ao Estado libre de cargas, tal e como establecía o Real Decreto de 10 de novembro de 1922. As obras comezarían no prazo de seis meses, contados a partir da publicación da concesión na Gaceta de Madrid e terían que estar rematadas en dezaoito meses, desde esa data.

saltos auga Anllons

A desecación das marismas do Anllóns

Na Gaceta de Madrid nº 336, do día 2 de decembro de 1869 publicábase por parte do Ministerio de Fomento, a autorización concedida a Manuela Rodríguez de Cancio, representada por Ignacio de las Heras, a concesión das marismas do Anllóns, na provincia da Coruña, para o seu aproveitamento con arranxo ao proxecto que presentara esta, para executar as obras de desecación e aproveitamento das marismas do río Anllóns, na ría de Ponteceso –Laxe. As obras de desecación mellorarían a navegación no río.

A concesionaria pasaría a ser dona a perpetuidade dos terreos propios do Estado ou de uso comunal dos  pobos, según o establecido na Lei de augas daquela época. A concesionario quedaba orbrigada a depositar unha fianza dun 4% do orzamento das obras e a principalas no prazo dun ano, a continualas sin interrupción e deixalas completamente rematadas en 40 anos e a conservalas en bo estado.

A falla de cumprimento dalgunha das obrigas mencionadas produciría a caducidade da concesión. A concesión realizábase sin prexuizo de terceiros e baixo a salvagrada dos intereses particulares. As persoas afectadas e prexudicadas poderían acudir aos Tribunais para a presentación das oportunas reclamacións.  Así o asinaba Echegaray, Director xeral de obras públicas, agricultura, industria e comercio daquela época.

desecar marismas

Dada a carestía económica da época e a falla de alimentos agrícolas, eran bastante habituais as solicitudes para cultivar no dominio público hidráulico, ás beiras do Anllóns ou na súa desembocadura.

Así o recollía tamén El Correo de Galicia, que facía referncia a unha solicitude de Juan Domínguez Canto, veciño de Ponteceso, para a agricultura na marxe dereita do río Anllós, no lugar denominado Xuncal Pequeno.

aaa.png

O embarcadoiro do Pendón, en Cabana

No BOE nº 191 do 9 de xullo de 1952, publicábase unha Orde asinada polo Director Xeral de Aduanas daquela época, pola que se habilitaba un punto da costa denominado “Pendón” (A Coruña), para o embarque e desembarco en réxime de cabotaxe de madeiras e materiais de construcción.

A autorización concedíase a petición de José Blanco Cundíns, industrial madereiro de Ponteceso, na que pedía a habilitación deste punto, próximo á Aduana de Ponteceso, para o embarque e desembarco de madeiras do país en tronco ou aserradas na fábrica da súa propiedade, así como para descargar en igual réxime, cables, tellas, ladrillos e cementos con destino ao seu almacén de materiais de construcción que tamén posuía.

Alegaba o solicitante que a falta de habilitación deste punto lle orixinaba grandes prexuizos para o desarrollo da súa industria e gastos excesivos.

Por elo, considerando que o punto denominado “Pendón” atopábase entre o chamado “Tullería” habilitado xa nesa época e a Aduana de Ponteceso, decídese habilitar o “Pendón” sito na parroquia de Cesullas, municipio de Cabana, para o embarque e desembarco, en réxime de cabotaxe. As operacións de cabotaxe terían que practicarse coa intervención e documentos da Aduana de Ponteceso, e baixo a vixiancia do Resgardo deste posto. O interesado debería realizar os despachos precisos e aboar as dietas e gastos do funcionariado que intervira nas operacións que se autorizaban.

pendón

Empresarios da madeira 

A data de 28 de agosto de 1954 contaban con certificado profesional clase A para a compra de madeira os seguintes industriais:

Maximino García Rellán de Ponteceso, para a compra de 250 metros cúbicos de madeira anuais.

Manuel Martínez Suárez de Cabana, para a compra de 750 metros cúbicos de madeira anuais.

Agustín Fondo Costa de Cabana, para a compra de 400 metros cúbicos.

Ramón Blanco Cundíns de Cabana, para a compra de 450 metros cúbicos.

Jesús Eiroa Gómez de Cabana, para a compra de 500 metros cúbicos.

IMG-20190223-WA0035.jpg
Antigo aserradoiro en venda. O lixo invade moitas destas instalacións abandonadas

IMG-20190223-WA0033.jpg
Antigos aserradoiros de madeira, hoxe abandonados e sen actividade. A política forestalista da Xunta de Galicia supuxo o peche de centos destas empresas familiares e a «invasión» de plantíos de eucaliptos, a meirande parte con destino á multinacional pasteira Ence

9.jpg
Antigo aserradoiro de madeira en Maseiros, no lugar do Bosque

Posuía certificado ou autorización clase B:

José María Blanco Díaz de Cabana para 700 metros cúbicos.

Manuel Pet Romero de Cores, Ponteceso para 750 metros cúbicos.

Antonio Lema Otero, de Borneiro, Cabana para 750 metros cúbicos.

IMG_20190223_174658.jpg

ponte Xabarido.jpg
Ponte de Xabarido sobre o río Anllóns, Corcoesto

A Fundación «Joaquín Martínez Verdes» da parroquia de San Félix de Anllóns

Quen era Joaquín Martínez Verdes?

Joaquín Martínez Verdes era natural da parroquia de San Félix de Anllóns. Faceleu o 12 de agosto de 1911 na cidade de Azul, República da Arxentina. No seu testamento realizado ante o notario Andrés Regueiro Vázquez dispuxo formalizar un Colexio de Ensinanza Primaria, que levaría o seu nome na parroquia de Anllóns. Para o seu sustento económico asignou a renda dos bens que posuía na súa parroquia de orixe e outras, cedidas en alugueiro a Perfecto Barca, a cambio de 45 ferrados de trigo. Estes froitos dividirianse en tres partes: unha para as reparacións da casa, útiles e outros gastos do Colexio, outra para repartir entre os pobres de solemnidade da parroquia de Anllóns e outra para custear unha misa de aniversario anual e o mantemento do panteón familiar ubicado no atrio desta parroquia.

A Fundación foi clasificada como de beneficencia particular docente privada por Orde do Ministerio de Educación Nacional o 13 de decembro de 1945, coa obriga de formular orzamentos e rendir contas ao Protectorado.

O 27 de xullo de 1950 publicábase no BOE o acordo polo que se concedía a esta Fundación “Joaquín Martínez Verdes” a exención do imposto sobre os bens das persoas xurídicas, a instancia de Bernardo Martínez González. Asinaba o acordo o Director General do Contencioso do Estado, naquela época Franciso Gómez de Llano.

Fundación

Un río de morte…

O 1 de xuño de 1922 o Diario independente “El Compostelano” recollía  a noticia do achádego do cadáver de Manuel Lista Lorenzo, de 36 anos e veciño de Cances, no lugar coñecido como o “Pozo” de Santa Mariña do Remuíño, na parroquia de Corcoesto. Os restos da minaría na zona, neste caso un pozo sen cerrar causaban a morte dunha persoa.

neno afogado

 

IMG_20190223_155720
Restos do muro dun antigo salto de auga para a producción eléctrica no río Anllóns

Mariñana

O 15 de novembro de 1925, no nº 22 da revista ilustrada “Mariñana” do director –propietario Eduardo García Ramos publicábase unha fotografía do río Anllóns.

portada mariñana

foto río Anllóns

Cando o río Anllóns era un río salmoneiro…

789.png
Salmón pescado no río Anllóns por Max Borrel. Fotografía que se conserva no Arquivo do Reino de Galicia.

A Ponte Dona…

O 11 de setembro de 2012 acometíanse as obras de reparación da Ponte Dona, no municipio de Ponteceso. As labores arqueolóxicas de control da obra realizáronse por Mar López Cordeiro.

IMG_20190223_105140.jpg
Muíño na Ponte Dona

Durante os meses de agosto e setembro de 2012 realizouse a actuación arqueolóxica relacionada coas “Obras de Reparación da Ponte Dona sobre o río Anllóns”, nos municipios de Coristanco e Ponteceso. O proxecto foi promovido pola Subdirección Xeral de Conservación e Resturación de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A ponte presentaba diversos danos de gravidade ocasionados polas últimas enchentas do río.

A ponte está incluída no Inventario de pontes históricas de Galicia co código C-56 (Alvarado, Durán e Nárdiz 1991: 339).

Segundo a veciñanza da zona a ponte foi construida por un industrial portugués para poder dar saída á madeira desde estas zonas a outras con mellores comunicacións.

A referencia máis antiga sobre Ponte Dona é do ano 1839. Foi nomeada no poema Queixumes dos pinos do poeta Eduargo Pondal.

1
Fotografía do proxecto “Control arqueológico de las obras de reparación de A Ponte Dona sobre el río Anllóns (Ponteceso y Coristanco, A Coruña). Informe valorativo /memoria técnica”, da arqueóloga María del Mar López Cordeiro. Ano 2012.

A ponte consta de cinco arcos para os que se empregaron dinteles de granito de bo tamaño. Ten catro pilas de planta rectagunlar e dimensións irregulares, máis anchas as centrais, con unha altura de 3,5 metros.

2
Fotografía do proxecto da arqueóloga María del Mar López Cordeiro

IMG_20190223_104946.jpg
O río Anllóns ao seu paso pola Ponte Dona. Ao fondo, a emblemática ponte

As Administracións públicas tamén dan a espalda ao río …

Os efectos dos puríns, os herbicidas, o abuso de fertilizantes por parte das explotacións gandeiras cada vez de maior dimensión, a falla de saneamento dos núcleos poboacionais e o cambio climático están a afectar de xeito irreversible ao río Anllóns.

IMG_20190223_161309
Restos de purín nunha finca anexa ao río Anllóns no lugar de Cardezo, Corcoesto. A actividade gandeira e a sobrecarga de purín nas fincas puidera afectar ao río.

IMG_20190223_162329.jpg
Os efectos dos puríns, os herbicidas, o abuso de fertilizantes por parte das explotacións gandeiras cada vez de maior dimensión, a falla de saneamento dos núcleos poboacionais e o cambio climático están a afectar de xeito irreversible ao río Anllóns

IMG-20190223-WA0036.jpg
O lixo invade calquer recuncho dos montes lindeiros co Anllóns

Lugares de culto á beira do Anllóns

Destaca pola súa singularidade as ruínas da Capela, na parroquia de Anllóns. A microtoponimia neste caso proporciona indicios claros sobre da existencia dun lugar de culto, probablemente a Sta. Bárbara. Á beira desta parcela atópase o monte do Rei e as Lampreeiras, zona do río rica na pesca da lamprea.

Nos séculos XVI e XVII era moi común que determinados bosques pertenceran ao dominio do Rei, sobre todo aqueles que podían representar ingresos para as arcas reais, a través de concesións de pesca ou de moenda.

A Capela.png
Mapa do IGN referido a parcela da Capela ou do monte da Capela. A súa beira, o monte do Rei e as Lampreeiras, as pesqueiras máis habituais no Anllóns

Sorpresas ao longo do curso fluvial do Anllóns: Porto dos Carros e Muíños Novos

O curso do río tamén depara sorpresas. Así atopámonos no lugar de Vilariño, na parroquia de Beres co Porto dos Carros. Os portos fluviais eran lugares de paso seguros, neste caso para os carros. Moi preto, atopamos os Muíños Novos, e aquí destaca o muíño do Penelo.

999.png
Plano do IGN

A microtoponimia non deixa de darnos gratas sorpresas. Así fai referencia a presencia de Carballeiras e Devesas nesta zona.

9999.png
Planimetría e fotografía do IGN

Os muíños da Retorta no municipio de Coristanco, na Ponte Dona

74.png
Planimetría do IGN

7.jpg
Muíño da Retorta, Ponte Dona

123.png
Planimetría do IGN

 

 

 

 

Galería

Na defensa do monte galego, o vindeiro 20 de febreiro en Bruselas, na Comisión de peticións do Parlamento europeo

A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo estará o vindeiro mércores 20 de febreiro, na Comisión de peticións do Parlamento europeo, para tratar sobre dos lumes que ano tras ano, verán ou inverno, arrasan Galicia.

O presidente da entidade será o encargado de explicar as causas da mala xestión dos lumes en Galicia, os fallos estruturais que hai detrás da mala xestión do monte galego, a expansión incontrolada do eucalipto e os motivos polos que as plantas de biomasa non son a solución para frear o cambio climático en Galicia.

Diseño sin título (1)

 

Galería

O Ministerio para a Transición Ecolóxica declara a situación crítica da pita do monte

A Orde TEC/1078/2018, do 28 de setembro, publicada hoxe no BOE, declara a situación crítica de Cistus heterophyllus carthaginensis, Lanius minor, Margaritifera auricularia, Marmaronetta angustirostris, Mustela lutreola, Pinna nobilis e Tetrao urogallus cantabricus en España. Declara tamén de interese xeral as obras e proxectos encamiñados á súa recuperación e serán tramitados de urxencia ao abeiro do artigo 60.2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro.

Un representante da Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental, un representante do Goberno do Principado de Asturias, un representante da Xunta de Castela e  León, un representante do Goberno de Cantabria e un representante da Comunidade Autónoma de Galicia, formarán parte do Grupo sobre situación crítica de Tetrao urogallus cantabricus.

89
A pita do monte, a saramaganta, o raposo e o lobo, emblemas do monte galego 

Galería

Veciñanza de Corcoesto solicita á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a restauración das pinturas do retablo da capela de Sta. Mariña do Remuíño, obra do pintor galego Xosé Garabal, pintor da Casa Real do rei Afonso XII, a finais do século XIX.

Antonio Rodríguez de Ardeleiros, era o párroco de Corcoesto no ano 1873, cando se pintou o retablo da capela de Sta. Mariña do Remuíño. A obra foille encargada ao pintor santiagués Xosé Garabal, famoso pintor galego de finais do século XIX.

Xosé María Garabal Louzao naceu en Santiago no ano 1835 e finaría no ano 1907. Foi pintor da Casa Real co rei Afonso XII e agasallado por este con unha pensión vitalicia de mil pesetas mensuais. Foi galardoado polos seus cadros “Celebridades Compostelás” na Exposición Rexional de Santiago de 1876, sendo considerada por algúns autores como o primeiro cadro realista- figurativo da pintura galega.

O retablo da capela de Sta. Mariña está decorado con diversos motivos florais realistas nunha rica combinación entre o verde da natureza e o marrón da terra. Co paso do tempo, as pinturas necesitan con urxencia seren restauradas, para evitar a súa desaparición.

RETABLO
Retablo da capela de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto

DETALLE
Detalle da pintura do retablo da capela de Sta. Mariña do Remuíño, parroquia de Corcoesto

Galería

Corcoesto no Plan urbanístico do concello de Cabana, tras a súa aprobación inicial o pasado 22 de marzo

A lei 2/2016 de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, establece con respecto ao chan rústico de protección paisaxística, que é aquel constituído polos terreos considerados como áreas de especial interese paisaxístico, de conformidade coa lexislación de protección da paisaxe de Galicia e como espazos de interese paisaxístico, no Plan de ordenación do litoral.

Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria.
Polo tanto, sería interesante aplicar á Área de Especial Interés Paisaxístico do río Lourido, ademáis da protección referida, á correspondente ao chan rústico de protección forestal.

En relación á estrada CP 1405:

33333.png
En gris escura, detalle da estrada CP 1405

Artigo 85 da Lei 2/2016: Declaración de utilidade pública

1. A aprobación dos instrumentos de plan urbanístico implicará declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados aos fins de expropiación ou imposición de servidumes.

2.Cando para a execución do plan non fose necesaria a expropiación do dominio e bastase a constitución dalgunha servidume sobre o mesmo, poderá impoñerse, de conformidade co procedemento da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, cando haxan de modificarse ou suprimirse servidumes privadas por estar en contradición coas determinacións do plan, poderán expropiarse segundo o procedemento da citada lei.

33333
Plano do documento urbanístico municipal de Cabana de Bergantiños, tras a súa aprobación inicial na Sesión do Pleno de 22 de marzo de 2018

Galería

Un paseo, en imaxes, pola parroquia de Corcoesto.